quarta-feira, 21 de março de 2007

Entre Lisboa e Madrid não é Vigo que fica

Transcrevo aqui um texto encontrado num blog que analisa de uma forma interessante um tema actual, que nem sempre é discutido. Eu diria mesmo que, em Portugal não existe se quer discussão sobre ele. Encontrei mais referências a este tema em sítios galegos (principalmente) e espanhóis do que em sítios portugueses.




















Entre Lisboa e Madrid non está, e nunca estará, Galiza. Agora tócalle a quenda de mediar a Estremadura.
A UE vén de designar a Badaxoz como a cidade onde estará a sede do secretariado técnico que deberá xestionar os programas de cooperación transfronteiriza entre España e Portugal. Disque nesta decisión actuou, e ben, o interese portugués-lisboeta (recoñecido tamén como luso) por mor de non dar pulo a calquera vontade autonomista de Oporto. Lusitania e Gallaecia seguen a loitar neste caso dentro das lindes portuguesas e a vitoria segue a ser lusa. Supoñemos que o interese lisboeta e a pouca, por non dicir nula, influenza do goberno Galego no de Madrid explican cómo unha cidade como Vigo, estratexicamente moito mellor situada e moito máis forte economicamente, perde unha oportunidade tal. Gallaecia dividida en dous estados ficou esnaquizada, e tamén descabezada politicamente, aló polo 1140. Afonso Henriques fixo nacer Portugal mais non para Gallaecia senón para Lusitania. Na outra beira Xelmírez pactou coa coroa de Castela-León a renuncia á independencia do Reino de Galicia coa condición de conseguir o seu afortalamento persoal ao redor da sé metropolitana de Santiago. Alí remataba o poder político dos galegos; poder que fóra hexemónico dende o século V deica o XII na parte occidental da península ibérica. Xa que logo, dende o XII deica aos noso días Gallaecia será entidade marxinada, a unha e á outra beira do miño (que non se enganen os galego-portugueses). Da beira de alá manda Lisboa e da beira de acó Madrid. E entre Madrid e Lisboa nin estivo, nin está, nin estará nunca a Gallaecia, ese enorme espazo físico, cultural-lingüístico e espiritual que existe con anterioridade á época cristiá e que na súa chegada identificaran perfectamente os romanos para constituílo como provincia administrativa no imperio aló polo 285 d.C; dándolle desta maneira a súa primeira formalidade política. Temos necesidade de Gallaecia non só polo que representa de acervo cultural histórico senón polo que supón cara ao futuro. A eurorexión Galiza-Norte de Portugal, unha nova Gallaecia administrativa –recortada respecto da romana, pero erguéndose por enriba dos ideolóxicos lindeiros de estado-, está a traer unha realidade económica que, malia os atrancos de estado –lisboetas e madrileños-, rexurdirá tamén como realidade lingüístico-cultural. Para entón, e non queda moito, deberiamos recuperar a cabeceira política, senón corremos o risco de ficar novamente nas marxes e xa levamos deste xeito tempo dabondo.


http://invavagalumes.blogspot.com/

2 comentários:

Galish disse...

Gostei do texto.
Destaco as frases principais e mais marcantes para mim:

"Lusitania e Gallaecia seguen a loitar neste caso dentro das lindes portuguesas e a vitoria segue a ser lusa."

"Gallaecia dividida en dous estados ficou esnaquizada, e tamén descabezada politicamente, aló polo 1140. Afonso Henriques fixo nacer Portugal mais non para Gallaecia senón para Lusitania."

"Xa que logo, dende o XII deica aos noso días Gallaecia será entidade marxinada, a unha e á outra beira do miño (que non se enganen os galego-portugueses)."

Infelizmente enganam-se e deixam-se enganar. Os Galego-Portugueses esqueceram-se do seu verdadeiro país :(


"E entre Madrid e Lisboa nin estivo, nin está, nin estará nunca a Gallaecia,"

Pois, outra grande verdade como fica provada nesta noticia.
Alias a noticia no jornal "Primeiro de Janeiro" até dizia
"em parte graças aos interesses do governo português em não incentivar iniciativas que possam fomentar um maior poder em torno da cidade do Porto, uma vez que existem relações privilegiadas entre as duas regiões do Noroeste Peninsular.."

Lisboa trata a Galiza Sul como uma autêntica colónia.
Lisboa e Madrid não querem que essa area tenha poder e tome consciencia da sua verdadeira identidade.

Anónimo disse...

«Entre Lisboa e Madrid não é Vigo que fica»
Entre esses dois é a Lusitânea que renasce e se fortalece, por isso ao Norte só resta (re)unir o que o Norte separou vai para nove séculos.
Do Vouga a finisterra abraça-nos uma história de abandono por parte do(s) poder(es) Centralizador(es), que só será superado pela capacidade de nos irmanarmos numa Galécia perdida,mas por tantos hoje revisitada !!!